Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Medio Ambiente inicia o arranxo e renovación dos colectores soterrados do Centro Histórico

A concellería de Medio Ambiente inicia o arranxo e renovación dos colectores soterrados do Centro Histórico

O Executivo de Lara Méndez ten por obxectivo que as 9 illas de reciclaxe baixo terra do recinto amurallado estean operativas antes do Nadal.

Os traballos incluirán non só a substitución dos recipientessenón tamén a modernización dos buzóns exteriores.

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Residuos,
    • Urbanismo
Venres, 02 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Medio Ambiente inicia o arranxo e renovación dos colectores soterrados do Centro Histórico

A concellería de Medio Ambiente iniciou xa o arranxo dos colectores soterrados do Centro Histórico.

Esta mañá, o tenente de alcaldesa e responsable de área, Miguel Fernández, supervisaba o avance dos traballos para reparar as dotacións sitas na Praza da Soidade que se agarda, finalicen esta mesma xornada quedando, novamente, a disposición da veciñanza.

As tarefas consisten, fundamentalmente, na reparación do mecanismo da estrutura e na retirada dos recipientes deteriorados que serán substituídos por outros novos.

O edil explicou que “os labores terán continuidade o luns na rúa Luis Peña Novo e tamén durante os próximos días, de maneira que se agarda que as 9 illas que se rexen por este sistema e que se atopan dentro do recinto amurallado estean operativas antes do Nadal”.

Miguel Fernández avanzou, así mesmo, que a partir do luns 19 deste mes procederase á renovación dos buzóns exteriores “o que redundará non só nunha mellora conxunta dos depósitos de recollida de lixo no que ten que ver co seu rendemento, eficacia e accesibilidade, senón tamén na estética da zona centro da cidade, máis moderna e práctica, cunha imaxe a altura da súa valía patrimonial”, concluíu o concelleiro.

Audio

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre o arranxo dos colectores soterrados no centro histórico | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-medio-ambiente-inicia-o-arranxo-e-renovacion-dos-colectores-soterrados-do

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/021222_miguel_fernandez_-_arranxo_colectores_soterrados_centro_historico.mp3