Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Infraestruturas pavimenta a parte posterior dos edificios da avenida da Coruña 485 a 493

A concellería de Infraestruturas pavimenta a parte posterior dos edificios da avenida da Coruña 485 a 493

Alexandre Penas: “trátase dunha zona moi utilizada como aparcadoiro pola veciñanza da que non está previsto o seu desenvolvemento”

A concellería de Infraestruturas investiu 29.297,73€ nesta actuación

 
  • Tema
    • Infraestruturas
Martes, 02 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas pavimenta a parte posterior dos edificios da avenida da Coruña 485 a 493

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou do inicio dos traballos de pavimentación da parte traseira da avenida da Coruña, á altura dos números 485 a 493. Segundo declarou Alexandre Penas, “trátase dun terreo utilizado pola veciñanza da zona tanto como aparcamento de vehículos como para acceder ás vivendas e naves da contorna”.

“Vemos necesaria esta actuación debido a que non está prevista ningunha iniciativa para o seu desenvolvemento a curto prazo”, informou Alexandre Penas. Os traballos a realizar inclúen na escavación e nivelado do terreo con aglomerado en quente, asfaltado en quente e adaptación á intersección coa avenida da Coruña, xunto co pintado dun paso de peóns e a súa sinalización.

A actuación foi adxudicada a Construcciones Leonardo Miguélez S.L. cun orzamento de 27.297,73€. Desde a concellería de  Infraestruturas Urbanas pídese á veciñanza circule con precaución na zona na que se están a realizar os traballos.

Audio

  • Alexandre Penas, sobre a Avenida da Coruña | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-infraestruturas-pavimenta-parte-posterior-dos-edificios-da-avenida-da-coruna

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200602_alexandre_penas_avenida_da_coruna.mp3