Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Infraestruturas iluminará a avenida Filharmónica Lucense

A concellería de Infraestruturas iluminará a avenida Filharmónica Lucense

Instalaranse farolas LED, que permitirán aforrar un 60% en comparación coa iluminación convencional

Ampliarase o cadro de alumeado existente até o de agora

  • Tema
    • Infraestruturas
Luns, 14 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, anunciou no día de hoxe que o Concello procederá a renovar a iluminación da avenida Filharmónica Lucense, dende as pistas de atletismo até a piscina municipal. Actualmente, os técnicos municipais están a ultimar o proxecto, “e estimamos que a intervención esté rematada antes de final de ano”, indicou Alexandre Penas.

Dende a concellería de infraestruturas investiranse un total de 31.157,85€, que se destinarán á instalación de 8 luminarias LED de 63W que, segundo Alexandre Penas, “consumen aproximadamente un 60% menos que a iluminación convencional”. O concelleiro nacionalista indicou que “se partirá do cadro de alumeado existente, que se ampliará segundo sexa preciso, ademais, realizaranse as canalizacións que sexan necesarias”.

Alexandre Penas lembrou que “esta é unha actuación que a veciñanza da contorna leva solicitando moito tempo”. A concellería de infraestruturas ten como obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, sobre a iluminación da avenida Filharmónica Lucense | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-infraestruturas-iluminara-avenida-filharmonica-lucense

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191014_alexandre_penas_iluminacion_filharmonica_lucense.mp3