Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concellería de Infraestruturas acondiciona rúas do barrio das Gándaras

A Concellería de Infraestruturas acondiciona rúas do barrio das Gándaras

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Xoves, 21 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Infraestruturas acondiciona rúas do barrio das Gándaras

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, o barrio das Gándaras, onde nestes días se están a realizar os traballos de adecentamento das rúas Monte Adairo e Pia Paxaro, nas que se realizou unha inversión de 24.301€ para realizar a pavimentación con asfalto en quente, xunto coa sinalización. Segundo indicou Alexandre Penas, “está previsto, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, que os traballos queden rematados durante esta semana”.

”A intervención está a levarse a cabo intentando minimizar ao máximo posible as molestias ás veciñas e veciños da zona”, indicou o edil nacionalista, que engadiu “dende a concellería de Infraestruturas Urbanas temos que ter en conta que a maioría das veciñas e veciños de Lugo vivimos en barrios, e temos que traballar para mellorar a calidade de vida dos mesmos”.

Alexandre Penas declarou que “estamos a realizar unha intervención demandada pola veciñanza do barrio, que ademais era moi necesaria debido á que non se fixeron intervencións nestas rúas nos últimos anos”.

Audio

  • O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre os asfaltados do barrio das Gándaras | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-infraestruturas-acondiciona-ruas-do-barrio-das-gandaras

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191121_alexandre_penas_asfaltados_as_gandaras.mp3