Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Infraestruturas acondiciona a beirarrúa da praza Conde Fontao

A concellería de Infraestruturas acondiciona a beirarrúa da praza Conde Fontao

Trátase dunha actuación de baixo custo que leva moito tempo sendo reclamada pola veciñanza da zona

Alexandre Penas visitou a zona e comprobou a correcta execución dos traballos

  • Tema
    • Infraestruturas
Martes, 03 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas acondiciona a beirarrúa da praza Conde Fontao

A concellería de Infraestruturas Urbanas está a levar a cabo o acondicionamento nestes días da beirarrúa da praza Conde Fontao. Alexandre Penas visitou o desenvolvemento da actuación durante a mañá de hoxe. “Trátase de darlle continuidade a unha beirarrúa que levaba moitos anos a medio facer, o que provocaba moitos problemas de mobilidade á veciñanza”, indicou Alexandre Penas.

Realizarase unha renovación completa do pavimento da beirarrúa, o que permitirá mellorar o acceso a unha das zonas máis transitadas do leste da cidade. Trátase dunha actuación de baixo orzamento que leva moito tempo sendo reclamada pola veciñanza da contorna polos problemas de mobilidade e accesibilidade que producía. Dende a concellería de Infraestruturas Urbanas continúase a actuar nas zonas menos atendidas nos últimos anos, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e o entorno das veciñas e veciños de toda a cidade.

Audio

  • O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a beirarrúa da praza Conde Fontao | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-infraestruturas-acondiciona-beirarrua-da-praza-conde-fontao

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200302_alexandre_penas_conde_fontao.mp3