Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Educación reabre a Escola Infantil Municipal Luís Soto Menor

A concellería de Educación reabre a Escola Infantil Municipal Luís Soto Menor

Felipe Rivas: "desde o coñecemento dos contaxios traballamos da man coa Xunta de Galiza para poder reabrir canto antes"

O edil de Educación afirmou que “as escolas infantís municipais aplican protocolos estritos para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio”

  • Tema
    • COVID-19,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública,
    • Conciliación
Martes, 12 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Educación reabre a Escola Infantil Municipal Luís Soto Menor

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou da reapertura, a partir de mañá, da Escola Infantil Municipal Luís Soto Menor, que pechou nos pasados días debido á aparición de casos de COVID entre o persoal. Felipe Rivas afirmou que "desde o coñecemento dos contaxios comezamos a traballar da man coa Xunta de Galiza para poder volver abrir as instalacións canto antes”.

Felipe Rivas informou que "as autoridades sanitarias realizaron un  cribado realizado entre persoal e alumnado, e o resultado permitiunos reabrir garantindo a seguridade das nenas e nenos". Ademais, as instalacións foron desinfectadas seguindo os protocolos elaborados polo Concello de Lugo.

“Desde a concellería de Educación seguimos traballando para ofertar este servizo público nas mellores condicións para garantir a seguridade de todas as persoas usuarias”, explicou Felipe Rivas, que engadiu “as escolas aplican protocolos estritos para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio dentro das instalación”.

Audio

  • O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre a reapertura da EIM| Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-educacion-reabre-escola-infantil-municipal-luis-soto-menor

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210111_felipe_rivas_reapertura_eim.mp3