Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concellería de Educación organiza un torneo de xadrez

A Concellería de Educación organiza un torneo de xadrez

Martes, 03 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O vindeiro domingo, 8 de xuño, de 16:30 a 19:00 horas, a Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro, celebrará na Praza Maior un torneo de xadrez co gallo do fin de curso e, ao mesmo tempo, terá lugar a entrega de premios do circuito “Camiño do Scacorum”.

Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición antes do 6 de xuño, entregando o formulario de inscripción aos monitores e monitoras do seu colexio, chamando ao teléfono da Escola de Xadrez 657 974 937 ou escribindo un email a castruper@yahoo.es [1].

O torneo será totalmente gratuito e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect.

Haberá premios para os mellores clasificados e clasificadas e un agasallo como recordo para todos os participantes.

Neste torneo haberá cinco categorías:

- Menores de 10 anos
- Menores de 12 anos
- Menores de 14 anos
- Menores de 18 anos
- Familiares dos participantes (acompañantes)


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-educacion-organiza-un-torneo-de-xadrez

Ligazóns:
[1] mailto:castruper@yahoo.es