Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concellería de Educación organiza partidas de xadrez co inicio do novo curso

A Concellería de Educación organiza partidas de xadrez co inicio do novo curso

Martes, 23 de setembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro organiza con motivo do inicio do novo curso unha nova actividade que terá como protagonistas o xadrez e a lectura.

As actividade consiste en partidas de xadrez guiadas por monitores no taboleiro xigante da Praza Maior dende hoxe 23 de setembro ao 3 de outubro entre as 17:30 e as 19:30 horas. O seu obxectivo é achegar aos cidadáns o deporte do xadrez e promover a súa práctica a través de torneos e do ensino das súas técnicas.

Ademais, se o tempo o permite, instalarase tamén o baúl viaxeiro para que os que se acheguen ata a Praza Maior podan ler mentras agardan para xogar ou simplemente polo placer da lectura. Estas actividades que están orientadas a ofrecer unha alternativa de ocio educativo aos nenos e maiores.

Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-educacion-organiza-partidas-de-xadrez-co-inicio-do-novo-curso