Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Educación mellora as instalación do PIT

A concellería de Educación mellora as instalación do PIT

O edil de Educación informou das melloras realizadas na instalación

Felipe Rivas “realizamos estes arranxos para pór fin a unha actuación pendente coas crianzas de Lugo”

  • Tema
    • Educación,
    • Protección da comunidade,
    • Tráfico,
    • Servizos xerais
Venres, 04 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Educación mellora as instalación do PIT

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou o Parque Infantil de Tráfico, onde as nenas e nenos de Lugo poderán desfrutar dos novos arranxos realizados.

Esta intervención supuxo a mellora estrutural da pista, co arranxo dos muros perimetrais, nos que se estaban a producir desprendementos. Tamén se adecuou coa limpeza dos bordos, a eliminación da humidade e a mellora na viseira do túnel do garaxe. No tocante ao interior, realizouse unha limpeza e unha posta a punto ante desgaste producido.

"Dende a concellería de Educación promovemos esta actuación para mellorar a calidade da instalación, a cal conta con moita popularidade entre todas as nenas e nenos, sobre todo nas actividades que se desenvolven no verán” afirmou o edil Felipe Rivas.

Audio

  • O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre as melloras do PIT | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-educacion-mellora-instalacion-do-pit

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/201204_felipe_rivas_melloras_pit.mp3