Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concellería de Educación convoca unha reunión informativa para pais e nais na Gardería Municipal

A Concellería de Educación convoca unha reunión informativa para pais e nais na Gardería Municipal

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación, dirixida por Dolores Vieiro, convoca unha reunión informativa que terá lugar nas instalacións da Gardería Municipal Serra de Outes o luns, día 3 de setembro, ás 17:30 horas.

A reunión celébrase por motivo do inicio do curso escolar. Os técnicos informarán a todos os pais e nais dos nenos matriculados sobre as actividades, horarios e funcionamento da gardería e tratarán todos aqueles temas que poidan causar dúbidas ós proxenitores.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-educacion-convoca-unha-reunion-informativa-para-pais-e-nais-na-garderia