Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Educación abre o prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais

A concellería de Educación abre o prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais

A solicitude pode presentarse a través da sede electrónica do Concello de Lugo

Pódese consultar a información no BOP, no Taboleiro de Anuncios Municipais, nas Escolas e nas oficinas da concellería de Educación

  • Tema
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Martes, 08 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Educación abre o prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a apertura do prazo de matrícula nas escolas infantís municipais. Rivas explicou que “continuamos a traballar para ofertar o mellor servizo nas Escolas Infantís, iniciando o procedemento de matrícula para o vindeiro curso”.

As familias interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 4 de abril, a través da sede electrónica ou no rexistro presencial, solicitando cita previa a través do formulario habilitado na web do concello de Lugo ,(http://concellodelugo.gal/gl/tramites/cita-previa [1]).

A información do procedemento pode consultarse no BOP do 7 de marzo, no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo, nas Escolas Infantís Municipais e nas oficinas da Concellería de Educación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-educacion-abre-o-prazo-para-solicitar-praza-nas-escolas-infantis-municipais

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/tramites/cita-previa