Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concellería de Deportes lembra o cambio de recorrido da carreira Nocturna de Reis do Circuíto Corre Con Nós

A Concellería de Deportes lembra o cambio de recorrido da carreira Nocturna de Reis do Circuíto Corre Con Nós

  • Tema
    • Deportes
Martes, 10 de xaneiro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dende a Concellería de Deportes lémbrase o cambio de ubicación da próxima proba do Circuíto Corre con Nós. A Nocturna de Reis, que terá lugar o sábado día 14 de xaneiro, ás 19:00 horas, e que estaba prevista inicialmente no polígono de As Gándaras, trasládase ó seu antigo trazado do centro da cidade. O percorrido será por Ramón Ferreiro-Rúa Vilalba-Ronda Peonil-Rúa Anxel López Pérez, e contará coa colaboración das empresas de Lugocentrum que sortearán diferentes regalos entre os atletas que cheguen á meta.

A ubicación da organización estará situada dentro do aparcadoiro do Seminario Menor, e que actualmente é o edificio administrativo do Concello.

deportes.lugo.es [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-deportes-lembra-o-cambio-de-recorrido-da-carreira-nocturna-de-reis-do-circuito

Ligazóns:
[1] http://deportes.lugo.es