Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concellería de Deportes abre o luns, martes e mércores o prazo de matrícula directa para ximnasia e natación para maiores

A Concellería de Deportes abre o luns, martes e mércores o prazo de matrícula directa para ximnasia e natación para maiores

As persoas interesadas deben realizar a súa matrícula, que será por orde de chegada, nas propias instalacións ás que queiran acudir á actividade, ou en Frigsa ou nas Pedreiras. O prezo é de 7,90 euros para todo o curso

  • Tema
    • Deportes,
    • Instalacións deportivas
Sábado, 02 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes e Medio Rural, dirixida por Miguel Fernández, abre o luns, martes e mércores, 4, 5 e 6 de setembro, o prazo para matricularse nas actividades de deportes para maiores, que se desenvolverán dende outubro polas mañás nos complexos deportivos de Frigsa e das Pedreiras. A matrícula realizarse de xeito directo, por orde de chegada, nas propias instalacións ás que se queira acudir á actividade.

As persoas interesadas, que deberán ser maiores de 65 anos, poderán escoller entre ximnasia de mantemento ou natación combinada. O prezo establecido é de 7,90 euros para todo o curso. Tanto en Frigsa como nas Pedreiras, ximnasia terá lugar os martes ou xoves, e natación os venres.

Para máis información de horarios pode consultarse a páxina web do Concello www.lugo.gal [1] ou chamar ao teléfono de atención cidadá 010.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre as actividades de deportes para maiores | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-deportes-abre-o-luns-martes-e-mercores-o-prazo-de-matricula-directa-para

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/040917_fernandez-actividadesmaiores.mp3