Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concellería de Benestar oferta unha nova saída cultural á cidade olívica para as persoas maiores

A Concellería de Benestar oferta unha nova saída cultural á cidade olívica para as persoas maiores

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Domingo, 04 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Benestar oferta unha nova saída cultural á cidade olívica para as persoas maiores

O Goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, que lidera Olga López, oferta unha nova viaxe cultural enmarcada na Programación de Animación Sociocultural, neste caso á cidade olívica.

Así o vén de anunciar a edil Olga López, quen comunicou que esta excursión municipal terá lugar o venres 16 de decembro. A xornada arrincará ás 10.00 horas dende a Praza de Bretaña, regresando ao mesmo punto sobre as 23.00 horas.

A proposta está pensada unha vez máis como actividade recreativa para a socialización das persoas maiores, pero está aberta a toda a veciñanza. Nesta liña, a concelleira aproveitou tamén para informar que se está programando outra viaxe para o mes de xaneiro.

As persoas interesadas nesta viaxe poderán apuntarse dos días 5 ao 14 de decembro ou ata completar a capacidade do autobús. Nos centros de convivencia Milagrosa ou Uxío Novoneyra, en horario das 10.00 ás 13.00 h. Deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603 (http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=603 [1]).

Máis info

  • Cartaz "Saída Cultural a Vigo" | Descargar pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-benestar-oferta-unha-nova-saida-cultural-cidade-olivica-para-persoas-maiores

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=603
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/cartaz_vigo_3.pdf