Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concellería de Benestar e Persoas Maiores organiza este sábado un baile de entroido con chocolatada no centro social da Milagrosa

A Concellería de Benestar e Persoas Maiores organiza este sábado un baile de entroido con chocolatada no centro social da Milagrosa

A edil Olga López convidou a todos os veciños e veciñas a “sumarse a esta xornada e vir caracterizados para a ocasión para desfrutar da música e os petiscos que se ofrecerán”.

O goberno de Lara Méndez mellorou as instalacións de Frigsa a través de obras de eficiencia enerxética que permitiron incrementar o confort das persoas usuarias.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Centros sociais,
    • Desenvolvemento social,
    • Servizos sociais,
    • Desenvolvemento local
Xoves, 16 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Benestar e Persoas Maiores organiza este sábado un baile de entroido con chocolatada no centro social da Milagrosa

A concellería de Benestar e Persoas Maiores organizará este sábado, 18 de febreiro, un baile de entroido con chocolatada e doces típicos desta festividade, no Centro de Convivencia da Milagrosa, das 17:00 ás 20:00 horas. Así o avanzou a edil responsable da área, Olga López,  quen convidou aos veciños e veciñas que así o desexen a “sumarse a esta xornada e vir caracterizados para a ocasión”.

“Deste xeito queremos convertir os habituais bailes da Milagrosa, por un día, nun gran baile de disfraces, unha ocasión especial para unir e reforzar lazos e gozar, ademais, da música en directo e de petiscos para todas e todos os asistentes”, engadiu Olga López.

O goberno de Lara Méndez reabriu o centro da Milagrosa, sito no parque de Frigsa, a finais do pasado ano, recuperando as sesións de baile que se celebran todos os sábados e domingos, logo da realización de obras de mellora para incrementar a eficiencia enerxética das dependencias. Uns traballos que contribuiron a aumentar o seu confort ofrecendo ás persoas usuarias un espazo máis cómodo e funcional.

Obras eficiencia enerxética no centro social da Milagrosa

O centro social da Milagrosa foi unha das oito dependencias municipais beneficiarias das obras de mellora da eficiencia enerxética cun investimento total de 3,7 millóns de euros, dos que o 80% da financiación procede das subvencións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), acadadas polo Concello. As actuacións acometidas no Centro social da Milagrosa tiveron lugar nas fachadas, cubertas, falsos teitos, ventás e portas permitindo reducir a demanda enerxética de calefacción.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-benestar-e-persoas-maiores-organiza-este-sabado-un-baile-de-entroido-con