Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Benestar anima ao colectivo de maiores a participar nas actividades de ximnasia ao aire libre

A concellería de Benestar anima ao colectivo de maiores a participar nas actividades de ximnasia ao aire libre

As clases teñen lugar en diferentes prazas e parques da cidade, de luns a xoves, até o 31 de agosto, entre as 18:30 e as 19:30 horas. Non é necesaria a inscrición.
 
O programa trata de aproveitar os espazos públicos para o desenvolvemento de actividades físicas que promovan hábitos saudables e a plenitude emocional no colectivo da terceira idade.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Centros sociais,
    • Servizos sociais,
    • Conciliación,
    • Accesibilidade,
    • Inclusión
Xoves, 20 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Benestar anima ao colectivo de maiores a participar nas actividades de ximnasia ao aire libre

A concelleira de Benestar e Maiores, Olga López Racamonde, animou hoxe á cidadanía lucense a participar nas actividades de ximnasia ao aire libre organizadas pola súa área para aproveitar, durante os meses de verán, as prazas e parques da cidade como lugares de socialización, en prol dun ocio saudable e dun modelo de vida activa ao aire libre.

“É importante que as persoas maiores realicen exercicio físico e combatan o sedentarismo e a soidade ao mesmo tempo que poidan socializar e que o fagan en contornas coñecidas e cómodas, próximas aos seus domicilios - subliñou a concelleira – por iso convidámolos a participar desta programación e a sumarse ás clases que se levan impartindo xa dende o 3 de xullo en diferentes contornas de todos os barrios da capital”.

A actividade, para a que non é preciso inscribirse senón simplemente achegarse ate as localizacións sinaladas, impartiranse até o 31 de agosto, en horario de 18:30 a 19:30 horas. Os luns e mércores serán nas Prazas do Castiñeiro, Viana do Castelo e no parque de Trapero Pardo, mentres que os martes e xoves se desenvolverán nas Prazas das Illas, na Praciña da Igrexa, Praza Roxa, da Milagrosa e do Camiño Primitivo.

Audio

  • A concelleira de Benestar e Maiores, Olga López Racamonde, sobre a actividade na rúa | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-benestar-anima-ao-colectivo-de-maiores-participar-nas-actividades-de-ximnasia

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200723_olga_lopez_-_actividade_na_rua.mp3