Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concelleira de Servizos Xerais participa nunha ruta do Km0 coa Asociación de loita contra o cancro

A concelleira de Servizos Xerais participa nunha ruta do Km0 coa Asociación de loita contra o cancro

Mércores, 16 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, acompañou hoxe á Asociación de Loita contra o Cancro nunha ruta do Km0 que organiza a Deputación provincial.

Zarzuela acompañou a un grupo de 48 persoas, pertencentes á Asociación Española contra o Cancro de Lugo que fixeron un percorrido por O Saviñao. Logo de ser recibidos na Deputación, viaxaron ata o Mazo de Santa Comba. Despois de xantar en Escairón efectuaron unha visita ó miradoiro Cabo do Mundo, deron un paseo pola praia da Cova e asistiron a unha cata na adega “Vía Romana” de Chantada.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleira-de-servizos-xerais-participa-nunha-ruta-do-km0-coa-asociacion-de-loita-contra-o