Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concelleira de Cultura expresa a súa ledicia pola proxección de Lugo e a Muralla nos medios de comunicación nacionais

A Concelleira de Cultura expresa a súa ledicia pola proxección de Lugo e a Muralla nos medios de comunicación nacionais

Xoves, 18 de xullo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, manifestou hoxe a súa satisfacción pola proxección que está a ter Lugo en medios de comunicación de ámbito nacional. 

Basadre fixo estas declaracións logo da emisión, onte, dunha reportaxe sobre o Arde Lucus en Televisión Española en horario de máxima audiencia e, tamén, porque a Muralla de Lugo é un dos monumentos con presenza máis destacada na publicidade da Volta Ciclista a España.
A reportaxe sobre o Arde Lucus, que foi gravada durante a celebración da última edición da festa romana de Lugo, emitiuse no programa "Comando actualidad", na primeira cadena de Televisión Española.   
A Concelleira de Cultura dixo que, por primeira vez Lugo e a súa Muralla, están a ter a repercusión que merecen nos medios de comunicación nacionais, un fenómeno que xa comezou o pasado mes de xuño, con motivo da celebración da festa do Arde Lucus.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleira-de-cultura-expresa-sua-ledicia-pola-proxeccion-de-lugo-e-muralla-nos-medios-de