Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concelleira de Benestar Social visita aos nenos e nenas que participan nas Aulas Abertas do Maruja Mallo

A Concelleira de Benestar Social visita aos nenos e nenas que participan nas Aulas Abertas do Maruja Mallo

  • Tema
    • Benestar social,
    • Servizos sociais,
    • Infancia,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Luns, 14 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Benestar Social visita aos nenos e nenas que participan nas Aulas Abertas do Maruja MalloA Concelleira de Benestar Social visita aos nenos e nenas que participan nas Aulas Abertas do Maruja Mallo

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou aos rapaces e rapazas que asisten ás Aulas Abertas, unha iniciativa posta en marcha polo departamento que dirixe. A edil acudiu ás actividades que se celebran no centro de convivencia Maruja Mallo, nunha visita que aproveitaron os rapaces e rapazas para amosar á edil o bo ambiente existente mediante a representación dun baile colectivo, no que tomou parte a totalidade dos participantes.

O Concello ofertou 540 prazas nas Aulas Abertas, unha alternativa lúdica para os rapaces e rapazas, que ademais contribúe á conciliación da vida familiar e laboral. As actividades prolongaranse ata o 31 de Agosto.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleira-de-benestar-social-visita-aos-nenos-e-nenas-que-participan-nas-aulas-abertas-do