Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concelleira de Benestar Social acusa ó PP de despilfarrar cartos en globos

A Concelleira de Benestar Social acusa ó PP de despilfarrar cartos en globos

  • Tema
    • Igualdade
Xoves, 27 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, acusou hoxe ó Partido Popular de querer “confundir á opinión pública para ocultar os seus graves problemas”.

Basadre explicou que as actividades do programa de inclusión pola arte aínda non remataron. “É unha actividade que dura tres semanas e faise en todas as asociacións de discapacidade”, sinalou a Concelleira.

Ademais, a Concelleira de Benestar Social declarou que lle parece “increible” que fale de despilfarro “precisamente o PP”. “Despilfarro é gastar cartos en globos e chapas o Día internacional da Muller para disfrazarse dous conselleiros con globos e con fregona incluída” declarou Carmen Basadre.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleira-de-benestar-social-acusa-o-pp-de-despilfarrar-cartos-en-globos