Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado Oficial do Concello de Lugo ante a sentenza do PXOM

Comunicado Oficial do Concello de Lugo ante a sentenza do PXOM

O Goberno de Lugo, coñecedor no día de hoxe da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Cultural na Defensa do Parque de Rosalía contra a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal, celebra que o Tribunal acollera o alegato do Concello sobre a improcedencia de alegar en trámite de conclusións cuestións novas que non foron plantexadas inicialmente na demanda.

  • Tema
    • Urbanismo,
    • Normativa urbanística
Martes, 07 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Do mesmo xeito, subliña que a inadmisibilidade é en relación co tema dos ríos, que entende que forman parte do 5% sen aprobar, segundo o Fundamento de dereito Quinto desta Sentenza.

Así mesmo, destaca a adecuación a dereito da memoria e estudo económico financeiro e sobre todo, en relación á proxección de poboación e ao respecto do principio de desenvolvemento sostible e reparto de cargas e beneficios que son salvados expresamente.

Quere tamén pór de manifesto a apreciada falta de lexitimación da asociación para plantexar impugnacións de cuestións axenas aos seus obxectivos.

En canto ao que se refire á Unidade de Actuación CS5, é un asunto complexo, tanto que o Concello estuda a posibilidade de pedir unha aclaración de sentenza sobre o fundamento undécimo. Aínda así, e con relación a esta unidade de actuación, a posición do Goberno está clara e manifestada dende que se presupostan 300.000 euros para a demolición do Garañón.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-oficial-do-concello-de-lugo-ante-sentenza-do-pxom