Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
- Tema
- Protección da comunidade,
- Seguridade,
- Tráfico
Venres, 29 de xullo de 2022
Fonte:
Gabinete de Prensa
Filtros de seguridade viaria
Durante a madrugada do venres día 29 de xullo, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados do Corpo, estableceuse un control estático de seguridade viaria na Avenida República Arxentina, detectando CATRO condutores que lanzaron un resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos, cos seguintes resultados:
- 0,44 mg/l
- 0,37 mg/l
- 0,35 mg/l
- 0,33 mg/l
A todos eles abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizándose os vehículos.