Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
- Tema
- Protección da comunidade,
- Seguridade,
- Tráfico

Condutas incívicas
O día de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, sorprende a unha persoa na rúa dos Gardas depositando na beirarrúa aveños vellos e varias bolsas de lixo, sen contactar co Servizo de Limpeza para a súa recollida, levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñendo sanción de ata 900 euros, procedendo os axentes para requirir os servizos de ECOLUGO para a recollida e limpeza da beirarrúa. (foto 1)
Intervención con vehículo estranxeiro
Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, con ocasión dun filtro de seguridade viaria, dá o alto na Avenida de Magoi a un vehículo con placa italiana, comprobando que a súa propietaria non o matriculaba en España no prazo debido, a pesar de ter residencia nesta cidade desde principios deste ano, procedendo á inmobilización do vehículo, intervindo as placas de matrícula, para que se proceda á matriculación do vehículo en España.
Axuda humanitaria
No día de onte, efectivos da Policía Local de Lugo interviñeron en dous auxilios a cidadáns. A primeira intervención leva a cabo na zona sur da cidade onde se auxilia a unha muller que inxerira unha gran cantidade de pastillas de diferentes fármacos, estando tombada na cama e consciente, sendo requirida a presenza dunha ambulancia que a trasladou ao HULA para a súa atención médica.
A segunda realízase na zona norte onde unha patrulla atopa ás 5.00 da madrugada a unha persoa camiñando totalmente desorientada, sendo auxiliada polos axentes que comproban que as súas manifestacións son incoherentes, requirindo a presenza dunha ambulancia que a traslada ao HULA, procedendo á súa identificación.
