Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Mércores, 24 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A mañá do día 22 de setembro, unha patrulla da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da zona norte da cidade xa que no interior dunha vivenda está a producirse unha pelexa.

Os axentes preséntanse de inmediato e entrevístanse cunha muller que convive coa súa nai e dous fillos menores de idade, a cal manifesta que momentos antes presentouse a súa ex parella no domicilio, que é o pai dos seus dous fillos, querendo velos, mantendo unha discusión na súa habitación onde é agredida, momento que interfere a súa nai para evitar a agresión, sendo esta tamén agredida.

Tamén manifesta que anteriormente fora agredida pola súa ex parella, sufrindo insultos e vexacións de forma habitual.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-de-policia-local-de-lugo-24-09-2025