Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
- Tema
- Protección da comunidade,
- Seguridade,
- Tráfico

Condución irregular de VMP e alcoholemia
Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detectaron a condución irregular de dous Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), dando o alto e comprobando que eran conducidos por dous mozos menores de idade, presentando ambos signos de ter consumido alcohol, sendo sometidos ás probas de detección alcohólica e arroxando ambos resultado POSITIVO de 0,39 e 0,17 mg/l respectivamente, sabendo que a vixente Lei de Seguridade Viaria establece que a taxa de alcohol en aire expirado para un menor de idade é de 0 mg/l.
Ambos condutores foron sancionados por infracción MOI GRAVE con multa de 500 euros, localizando os axentes aos pais, que se fixeron cargo dos menores e dos vehículos cos que circulaban.
No que vai de ano, a Policía Local de Lugo detectou 10 condutores de VMP circulando por vías do casco urbano con signos de embriaguez, arroxando resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos, sendo sancionados todos eles con multa de 500 euros.
No mesmo período, detectáronse 3 condutores de VMP que circulaban presentando presenza de drogas no organismo, sendo sancionados con multa de 1.000 euros cada un deles.
