Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Luns, 21 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Nos últimos días, efectivos da Policía Local de Lugo intensificaron os controis de alcoholemia e drogas en vías do casco urbano, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (7)

Alta taxa de alcohol e carencia de permiso de condución

Nun filtro de seguridade viaria dáselle o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,90 mg/l, comprobándose a través das bases de datos policiais que o condutor CARECE de permiso de condución por PERDA DE VIXENCIA, instruíndose dilixencias por dous delitos contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

Este condutor é reincidente xa que foi interceptado por axentes da Policía Local de Lugo durante este ano noutras dúas ocasións. A primeira no mes de maio, instruíndose dilixencias por dous delitos contra a seguridade viaria, xa que se negou a realizar a proba de alcoholemia e conducía carecendo de permiso; e a segunda no mes de xuño ao ser sorprendido conducindo un VMP, arroxando positivo nas probas de alcoholemia ás que foi sometido.

Así mesmo foi interceptado no ano 2021 cunha alta taxa de alcohol (0,86 mg/l).

Alcohol e carencia de permiso

Dáselle o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,38 mg/l. Ao proceder á súa identificación, compróbase a través das bases de datos policiais que CARECE de permiso de condución, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria, inmobilizándose o vehículo.

Alta taxa de alcohol

Interceptouse un vehículo cuxo condutor foi sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 1,23 mg/l (cinco veces máis do permitido), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Conducir carecendo de permiso

Nun control rutinario dáse o alto a un vehículo, comprobando a través das bases de datos policiais que o seu condutor CARECE de permiso de condución, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Alta taxa de alcohol

Como consecuencia dun filtro de seguridade viaria, é interceptado un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,66 mg/l (case triplicaba a taxa permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

Alta taxa de alcohol

Dáselle o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de atoparse embriagado, sendo sometido ás probas de alcoholemia, arroxando un resultado POSITIVO de 0,77 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

Carencia de permiso de condución

Nun control de seguridade viaria detectouse a circulación dun vehículo cuxo condutor CARECE de permiso de condución, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (4)

Sorpréndese conducindo a TRES condutores que, tras seren sometidos ás probas de alcoholemia, arroxaron as seguintes taxas:

  • 0,35 mg/l
  • 0,38 mg/l
  • 0,39 mg/l
  • 0,65 mg/l

Os tres primeiros foron sancionados con 500 euros de multa e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, e o cuarto con 1.000 euros e a retirada de 6 puntos, inmovilizándose os vehículos.

DROGAS (2)

No transcurso dos diversos filtros de seguridade viaria detectáronse DOUS condutores que arroxaron resultado POSITIVO nas probas de drogas ás que foron sometidos:

  • Primeiro condutor: POSITIVO en THC
  • Segundo condutor: POSITIVO en COCAÍNA E ANFETAMINAS

Ambos os condutores foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmovilizándose os vehículos.

A Policía Local de Lugo ten como un dos seus principais obxectivos combater ao ’delincuente viario’, aquel que realiza condutas penais que poñen en risco a súa propia integridade, a do resto dos usuarios e a seguridade viaria, co fin de apartalo da circulación e así evitar que circule polas rúas da nosa cidade e que poida saír ás vías interurbanas, pois a delincuencia viaria non ten demarcación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-de-policia-local-de-lugo-21-07-2025