Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Martes, 19 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

Sobre as 4,00 horas desta madrugada unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo pola rúa Santiago, dándolle o alto e observando os axentes que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,67 mg/l. Así mesmo realízase un test de drogas, lanzando un resultado positivo en metanfetaminas.

Unha vez finalizadas as probas procédese á instrución de dilixencias por delito contra a seguridade viaria, procedendo á súa identificación, pero sorpresivamente foxe do lugar á carreira, sendo perseguido polos policías que o perden de vista nas inmediacións do río Miño.

Compróbase que este condutor achegara datos de identificación falsos, polo que se realizan investigacións, logrando os axentes identificar á devandita persoa, un home de 31 anos de idade, veciño dunha localidade próxima a Lugo, comprobando que carece de permiso de condución por non obtelo nunca, instruíndose dilixencias polos seguintes delitos: condución baixo a influencia do alcol e lanzar altas taxas nas probas de alcoholemia realizadas; conducir carecendo de permiso de condución e suplantación de identidade. O vehículo foi inmobilizado. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-de-policia-local-de-lugo-19-03-2024