Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Venres, 18 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por violencia de xénero

A madrugada do día 18 de xullo, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo son comisionados pola Sala do 092 para que acudan a un edificio da zona norte da cidade, xa que ao parecer nunha vivenda está a producirse unha forte discusión entre unha parella.

Unha patrulla policial comparece de inmediato e xa desde o rellano da escaleira escoitan berros, así como que están a romper mobles no interior. Os axentes chaman á porta de entrada e identifícanse como axentes da autoridade, respondendo un home desde o interior que non lles vai abrir a porta, polo que é informado que se se segue negando entrarían á forza na vivenda, fronte ao perigo que puidesen estar os integrantes do piso.

Deste xeito o home decide abrir a porta da vivenda, accedendo os axentes ao seu interior, poñéndose ao fala cunha muller, a cal se nega a informar os axentes o que ocorrera, observando varios desfeitas produto da pelexa.

Os policías solicitan información dos veciños, manifestando que escoitaran unha forte discusión, temendo pola integridade da muller, xa que o home ameazáraa de morte, indicando que as discusións e pelexas eran habituais. Por tal motivo os axentes proceden á detención do home, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado correspondente.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-de-policia-local-de-lugo-18-07-2025