Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Venres, 14 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Lesións por mordedura de can

Ás 17.00 horas do mércores 12, a Sala do 092 recibe chamada telefónica dun home que di ser mordido por un can en Camiño Real. Se comisiona no lugar un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio, que contacta cos implicados.

Por unha banda, os axentes procuran a primeira asistencia sanitaria ao requirente por parte dunha ambulancia do 061, que presenta lesións na parte traseira dun das coxas, informándolle do procedemento para seguir para denunciar os feitos ocorridos.

Por outra banda, proceden á identificación da persoa que controla ao can, comprobando tamén que o mesmo presenta toda a documentación en regra, advertindo ao home de que, en cumprimento do disposto na Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía de Galicia, que o animal ha de ser sometido a un recoñecemento por parte dun veterinario dentro dos seguintes quince días, sobre o que haberá de emitir un certificado no que conste se o can presenta ou non síntomas de enfermidade infectocontaxiosa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-de-policia-local-de-lugo-14-03-2025