Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Martes, 13 de agosto de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Inspección de establecementos de lecer nocturno

A madrugada do sábado día 10 de agosto, nun operativo conxunto, efectivos da Policía Local de Lugo e da Policía Nacional, accederon ao interior de dous locais de lecer nocturno, un deles situado nas proximidades da porta de Santiago, na Rolda da Muralla, e o outro no interior do recinto amurallado, na rúa Amor Meilán, co fin de realizar unha inspección, procedendo á identificación dunha trintena de persoas que se achaban no interior dos locais, levantando 3 actas de denuncia por infracción grave á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, por tenencia ilícita de estupefacientes.

  • No local situado nas proximidades do centro histórico, na Rolda da Muralla, levantáronse 6 actas de denuncia por diversas infraccións á normativa de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas:
    • Incumprimento de medidas e condicións de hixiene, entorpecendo o paso con obstáculos, tendo colocada unha mesa con varios aparellos de música no centro do local sen ningún tipo de sinalización, con cables e regletas que poden supoñer un risco.
    • Colocación de extintores en lugar inaccesible e caducidade dos mesmos.
    • Gran cantidade de sucidade no chan do local, interior da barra, mobiliario, etc. 
    • Carencia de cartelería con horarios, aforo, prohibición de venda de alcol a menores, etc.  Colocación inadecuada de cables eléctricos na zona de localización do sonómetro, con risco de incendio.
    • Carencia dalgunha das luces de emerxencia.
  • No situado no interior do recinto amurallado levantáronse 2 actas de denuncia por infraccións detectadas en máquinas recreativas.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-de-policia-local-de-lugo-13-08-2024