Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Mércores, 12 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

A noite de onte, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, detecta na Ronda das Fontiñas a circulación en zigzag dun vehículo, dándolle o alto e observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 1,05 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a noite de onte, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, realizaron diversos filtros de seguridade viaria, detectando na rolda de Valle Inclán a un condutor que presentaba signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, arroxando un resultado POSITIVO en THC, sendo sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Na rúa dos Gardas detéctase ao condutor dun vehículo que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,59 mg/l., sendo sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Auxilio a cidadáns

Durante o día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, interviñeron en dous auxilios a cidadáns. O primeiro na rúa Marina Española onde se detecta a unha muller durmindo na beirarrúa, impedindo o acceso a un inmoble. Esta persoa atopábase tremendo considerablemente debido á baixa temperatura que facía nese momento, sendo requirida a presenza dunha ambulancia para o seu traslado a un centro hospitalario.

A segunda intervención lévase a cabo nun edificio da zona norte da cidade, onde os veciños comunican á Sala do 092 que unha persoa maior está a gritar pola ventá da súa vivenda. Os axentes preséntanse de inmediato e acceden ao interior da vivenda, atopando a unha muller de avanzada idade, en aparente bo estado pero dicindo cousas incongruentes, como que necesita axuda xa que “perdeu o coche”, localizando a un familiar que acode á vivenda, facéndose cargo desta persoa.

Venda ambulante non autorizada

No día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no parque da Milagrosa, con ocasión do mercadillo semanal, levantaron CINCO actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, ao sorprender a outras tantas persoas ocupando o especio público para o exercicio da venda ambulante non autorizada, sendo sancionados con multas de 600 euros a cada un deles.

Intervención con vehículo estranxeiro

No día de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta un vehículo, de matrícula estranxeira, estacionado nunha zona axardinada do paseo fluvial, obstaculizando gravemente o paso de peóns e bicicletas, sendo retirado polo servizo de guindastre, quedando inmobilizado no Depósito Municipal. (foto)


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-de-policia-local-de-lugo-12-06-2024