Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo
Servizos destacados durante a fin de semana do 8 ao 10 de outubro/21
- Tema
- Protección da comunidade,
- Seguridade,
- Tráfico
Controis de alcoholemia
Efectivos da Policía Local de Lugo realizaron diversos filtros de seguridade viaria, detectándose as seguintes incidencias:
Día 9.-
Ás 16,05 horas un equipo de Atestados acode á Praza de Augas Férreas xa que se produciu un accidente de circulación, comprobando que estaban implicados tres vehículos. Os axentes realizan probas de alcoholemia e observan que un dos condutores presenta signos de embriaguez, lanzando un resultado POSITIVO de 0,58 mg/ l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
Ás 22,15 horas, prodúcese un accidente de tráfico na Ronda das Fontiñas con tres vehículos implicados. Un equipo de Atestados acode ao lugar e unha vez que instrúe as primeiras dilixencias, observa que un dos condutores presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,83 mg/ l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. O accidente se produce cando o vehículo conducido por esta persoa desvíase da súa traxectoria e choca contra un vehículo estacionado o cal impacta ca parte dianteira contra a traseira doutro turismo tamén estacionado na devandita vía.
Día 10.-
Ás 1,25 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun vehículo pola Ronda da Muralla. Unha vez deulle o “alto”, os axentes observan que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,17 mg/ l (case cinco veces a taxa máxima permitida) no etilómetro de mostraxe. Ao ser requirido para a realización das probas nun etilómetro de precisión, o condutor NÉGASE de maneira expresa á realización das probas, a pesar das advertencias legais pola comisión de varios delitos, instruíndose dilixencias polos delitos de condución baixo os efectos de bebidas alcohólicas e negarse a someterse ás probas regulamentariamente establecidas para comprobar o grao de alcol. Así mesmo levántase acta de denuncia contra o citado condutor por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, por falta de respecto aos axentes da autoridade.
Ás 3,10 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun vehículo pola Ronda do Carmen, realizándose probas de alcoholemia ao condutor, lanzando un resultado POSITIVO de 0,39 mg/ l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución. Así mesmo detéctase nas bases de datos da DXT que non ten permiso de conducir vixente, polo que se solicita expediente á JPT para determinar a posible comisión dun delito contra a seguridade viaria.
Sobre as 5,00 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun turismo pola Rolda de República Arxentina, observando os axentes que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,90 mg/ l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
Sobre as 18,00 horas unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun vehículo por cálea Concepción Arenal, observando os axentes que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,52 mg/ l, polo que se abre expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
Día 11.-
Ás 3,00 horas unha patrulla da Garda Civil de Lugo dálle o “alto” a un turismo na rúa Dinán, que circulaba en sentido contrario pola rúa Jacinto Calvo. Presentado o equipo de Atestados da Policía Local de Lugo observa que o condutor presenta signos de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo requirido para a realización de probas de alcoholemia, ao que se NEGA rotundamente, instruíndose dilixencias por DOUS delitos contra a seguridade, ao conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e negarse a someterse ás probas regulamentariamente establecidas, sendo citado para Xuízo Rápido.
Ás 4,00 horas unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta pola Avenida de Ramón Ferreiro a condución irregular dun turismo, realizándose probas de alcoholemia ao condutor, lanzando un resultado POSITIVO de 0,47 mg/ l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
Todos os vehículos foron inmobilizados.
Auxilio a cidadáns
Sobre as 8,55 horas do día 8 de outubro/21, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a unha vivenda da rúa Monforte, xa que unha persoa de avanzada idade caeuse e unha familiar que a acompañaba era incapaz de levantala.
Os axentes observan que se trata dunha señora de 100 anos de idade, que se atopaba sentada no chan da habitación, procedendo a incorporala e deixándoa na súa cama, sen que necesitase asistencia médica, quedando ao coidado da requirente.