Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 2 ao 4 de agosto/24.

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Luns, 05 de agosto de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Danos en mobiliario urbano

A tarde do día 4 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, localiza e procede á identificación dun mozo menor de idade (13 anos), por causar danos nun banco público situado no parque de rúa Fonte da Bica, manifestando que rompera o banco porque “se aburría”, procedendo a dar aviso aos seus pais, que se presentan no lugar dos feitos, facéndose cargo do menor, procedendo os axentes para confeccionar as dilixencias oportunas para a súa remisión ao órgano competente. (foto)

Delitos contra a seguridade viaria

A última hora da tarde do día 3, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, detecta na calzada de As Gándaras a presenza dun vehículo que circula a gran velocidade, comezando a súa persecución, facendo o seu condutor caso omiso aos sinais e ordes dos axentes para que se detivese, chegando o vehículo policial a alcanzar os 100 km/h, logrando fuxir e sendo posteriormente localizado e identificado, comprobando que CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN POR NON OBTELO NUNCA, sendo investigado polos delitos contra a seguridade viaria e inmobilizando o vehículo.

Ese mesmo día dáse o alto a un vehículo na rúa Ourense, observando que o condutor presenta signos de acharse embriagado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,76 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Detención  por orde xudicial

A tarde do día 2, procédese á detención dun home, veciño de Bizkaia, no interior da Xefatura da Policía Local de Lugo, á que accedeu para solicitar un pase para o Fogar do Transeúnte e comprobar o axente, de servizo na Oficina de Atención ao Cidadán, que sobre el pesaba unha reclamación de detención e presentación dun Xulgado de Cantabria, instruíndose as dilixencias oportunas.

Accidente de circulación con animal morto

Á primeira hora do día 5, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Estrada Vella de Santiago xa que ao perecer produciuse un accidente de circulación, observando que un vehículo atropelara a un corzo que irrompeu na calzada ao paso do turismo, resultando morto o animal, levantándose o correspondente atestado. (foto)

Conduta incívica

A madrugada do día 3, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un inmoble de rúa Centolo xa que os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda, comprobando os axentes que na terraza dun dos pisos celebrábase unha festa de aniversario, escoitándose música en ton moi alto, perceptible desde as rúas adxacentes, polo que se identifica ao responsable, sendo requirido para que cesen as molestias, levantando acta de denuncia por infracción GRAVE á Lei de Protección da Seguridade Cidadá.

Precinto de vehículo por embargo

A madrugada do día 3, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, detecta na rúa Santo Graal un vehículo sobre o que pesaba mandamento de procura e captura por embargo, sendo traslado polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal, onde queda PRECINTADO ao dispor do órgano competente.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-de-policia-local-de-lugo-05-08-2024