Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Martes, 02 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Delito contra a seguridade do tráfico

Na mañá do día de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a circulación dun vehículo que circula pola rúa Paseo dos Estudantes dunha maneira irregular, dándolle o alto e comprobando que o condutor é un menor de idade (17 anos) que carece de calquera permiso de conducir, dando aviso aos pais que comparecen na Xefatura da Policía Local, manifestando a nai que o seu fillo conducira tras quitarlle as chave do turismo, non sendo consciente destes feitos, motivo polo cal se instrúen dilixencias contra o condutor, por delito contra a seguridade viaria e tamén se instrúen dilixencias contra a nai do condutor por cooperadora necesaria na comisión dun delito.

 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-da-policia-local-de-lugo-53