Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Martes, 22 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Detención por roubo

Sobre as 21:10 horas do día 21 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é alertada por un grupo de mozos, na Rolda da Muralla á altura da Porta Santiago, manifestando que minutos antes dous mozos lles roubaran a dous deles, tras coaccionalos con frases intimidatorias, motivo polo cal, ante este comportamento e debido a que nas inmediacións había máis persoas que integraban o grupo, as vítimas sentíronse aínda máis ameazados, entregándolles os cartos que levaban enriba e que ascendían a 25 euros.

Que inmediatamente os axentes observan a dous mozos que responden coa descrición dada polos rapaces, polo que proceden á identificación e cacheo, achando no seu poder o diñeiro subtraído así como unha navalla de oito centímetros de folla, resultando ser un de 18 e outro de 19 anos de idade e, os mozos aos cales lles subtraeron o diñeiro, de 17 e 18 anos.

Os autores do roubo foron detidos e trasladados a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Ruídos en interior de vivenda

Sobre as 00:40 horas do día 22 de xuño, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a un edificio da rúa Fontaneira xa que os veciños denuncian ruídos molestos que proveñen dunha vivenda. Os axentes comproban que se escoita música en ton moi elevado, sendo perceptible desde a rúa dado que as xanelas da vivenda estaban abertas, procedendo á identificación do responsable, manifestando que estaba a escoitar música mentres facía exercicio, sen que fose consciente que molestaba á veciñanza, sendo requirido para o cesamento na actividade, o que fai ao momento, levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-da-policia-local-de-lugo-22-06-2021