Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Mércores, 13 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acudiron sobre as 21:45 horas do día 11 de maio a unha vivenda dun edificio da rúa Rafael de Vega xa que ao parecer unha persoa de avanzada idade caera dentro do piso e non era capaz de levantarse.

Os axentes, coa colaboración dunha dotación de Bombeiros, acceden ao interior a través dunha xanela do salón que estaba entreaberta, observando que dita persoa, nacida no ano 1930, achábase tirado no corredor, consciente e sen que aparentemente sufrise lesión algunha. Unha dotación do 061 practícalle os primeiros auxilios sendo trasladado a un centro sanitario para a súa atención médica.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-da-policia-local-de-lugo-13-05