Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
- Tema
- COVID-19,
- Protección da comunidade,
- Seguridade,
- Tráfico
Xoves, 12 de novembro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa
Control normas COVID-19
No día de onte 11 de novembro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron diversos controis para comprobar o cumprimento das normas da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia sobre medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria orixinada polo COVID-19, levantando SETE ACTAS de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia polas seguintes condutas infractoras:
- Acta denuncia ao responsable dun local de hostalería situado en cálea Pintor Villamil/Yañez Rebolo por acharse aberto ao público con catro clientes no interior consumindo. Lembrar que a Xunta de Galicia decretou o peche temporal da hostalería no municipio de Lugo.
- Acta denuncia a un dos clientes deste establecemento por non levar posta a máscara, sen que se achase dentro das causas de excepción que establece a normativa.
- CINCO actas denuncia por incumprimento da limitación de entrada e saída de persoas ao termo municipal de Lugo. Estas persoas entraban no municipio procedentes de Navarra, Ribadeo, Begonte (dúas) e Muxía (A Coruña), sen que xustificasen adecuadamente o desprazamento.