Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

  • Tema
    • COVID-19,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Martes, 10 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Control medidas COVID-19

No día de onte, 10 de novembro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceron diferentes controis para comprobar o cumprimento da normativa da Xunta de Galicia sobre as limitacións de entrada e saída de persoas do termo municipal de Lugo, sorprendendo a CATRO persoas que entraban en Lugo procedentes doutros municipios e a UNHA persoa que saía do municipio de Lugo cara a outro municipio sen causa que xustificase tales desprazamentos.

As persoas que accedían ao municipio de Lugo facíano procedentes dos concellos de Becerreá, Rábade e Friol. Todas estas persoas foron denuncias por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Así mesmo nestes controis detectouse:

  • Un vehículo sobre o que pesaba mandamento de procura, captura, depósito e precinto por embargo, sendo retirado polo guindastre ao Depósito Municipal.
  • O condutor dun turismo ao que se lle practicou o test de drogas arroxando un resultado POSITIVO en cocaína e anfetamina.

Fuxido en Accidente de circulación

O equipo de atestados da Policía Local de Lugo interveu o pasado día 24 de setembro nun accidente de circulación que tivo lugar no Paseo dos Estudantes, no que o presunto responsable deuse á fuga. Tras iniciarse a correspondente investigación para identificar ao condutor, no día de onte, 9 de novembro, localízase o vehículo o cal carece de Seguro Obrigatorio de Automóbiles, non se presentou á Inspección Técnica Periódica no prazo debido e presenta deficiencias que constitúen un risco especialmente grave para a seguridade viaria pois ten o parabrisas completamente danado. Así mesmo comprobouse que ao titular do vehículo cónstalle anotación de perda de vixencia do permiso de conducir por perda total dos puntos asignados legalmente. O vehículo foi retirado polo guindastre ao Depósito Municipal onde queda inmovilizado.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-da-policia-local-de-lugo-10-11