Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
- Tema
- COVID-19,
- Protección da comunidade,
- Seguridade,
- Tráfico
Control medidas COVID-19
Na madrugada do luns 7 ao martes 8 de decembro/20, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diferentes controis para comprobar o cumprimento da normativa da Consellería de Sanidade sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, levantándose TRECE actas de denuncia polos seguintes incumprimentos:
- 7 actas por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá por circular por vía pública, entre as 23,00 e as 6,00 horas, sen acharse incluído en ningunha das causas de excepción recollidas no Real Decreto 926/2020. Todas estas denuncias levan aparelladas sancións de 601 a 30.000 euros.
- 6 actas por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao sorprender a outras tantas persoas transitar por vía pública sen facer uso da máscara de protección. Todas estas denuncias levan aparelladas multas de 100 euros.
Filtros de seguridade viaria
Durante a mesma noite detectáronse 3 vehículos que carecían de Seguro Obrigatorio de Automóbiles, polo que foron retirados polo servizo de guindastre e inmobilizados no Depósito Municipal.
Ruídos en interior de vivenda particular
Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode, sobre as 23,15 horas do día 7 de decembro, a un edificio de Camiño Real xa que segundo chamadas á Sala do 092, os veciños queixábanse dos ruídos de música que proviñan dunha vivenda. Os axentes identifican á responsable e comproban que están reunidas catro persoas charlando e con música ambiente, polo que se lle require para que cesen as molestias, facéndoo ao instante.