Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > COMUNICADO DE CONDENA DO CONCELLO DE LUGO

COMUNICADO DE CONDENA DO CONCELLO DE LUGO

Venres, 19 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo manifesta a súa máis enérxica repulsa ante o atentado cometido pola banda terrorista ETA esta mañá Arrigorriaga (Biscaia) no que resultou falecido o inspector de loita antiterrorista do Corpo Nacional de Policía Eduardo Antonio Puelles.

A corporación municipal, en representación do pobo de Lugo, condena rotundamente o atentado, que non ten xustificación posible, e súmase á dor da familia do falecido.

Así mesmo, ratificamos o noso compromiso coa loita antiterrorista e queremos manifestar novamente que apoiamos con decisión a todas as mulleres e homes que dedican todos os seus esforzos á defensa da paz e da liberdade.

A cidadanía de Lugo aposta pola convivencia pacífica, pola tolerancia, o respecto á vida, ás ideas e á liberdade plena. Ningún terrorista poderá silenciar a voz firme e unánime dos lucenses que reclaman a paz.

Unha vez máis sumámonos no mesmo desexo e no mesmo berro de condena: Non ao terrorismo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-condena-do-concello-de-lugo-2