Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Comisión de Urbanismo reúnese o luns logo de que todos os servizos municipais emitiron os informes do PXOM

A Comisión de Urbanismo reúnese o luns logo de que todos os servizos municipais emitiron os informes do PXOM

  • Tema
    • Urbanismo
Mércores, 22 de decembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello xa dispón de todos os informes preceptivos dos servizos municipais referidos ó PXOM.

Así as cousas, o vindeiro luns, día 27 de decembro, reunirase a Comisión de Urbanismo na que están presentes todos os grupos políticos do Concello e todos os técnicos municipais que emitiron os seus informes. Desa reunión sairá o documento definitivo que se someterá á consideración do Pleno da Corporación.

Este é o paso previo para que a Xunta de Galicia, que é a administración que ten a competencia, aprobe definitivamente o PXOM de Lugo, para o que conta cun prazo máximo de tres meses.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comision-de-urbanismo-reunese-o-luns-logo-de-que-todos-os-servizos-municipais-emitiron-os