Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comezou o curso na Escola Infantil de Serra de Outes

Comezou o curso na Escola Infantil de Serra de Outes

Mércores, 02 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Escola de Educación Infantil de Serra de Outes, dependente da Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro, comezou hoxe, mércores 2 de setembro, a actividade do novo curso escolar 2008-2009.

O pasado martes 1 de setembro celebrouse unha xuntanza informativa para pais e nais que tivo lugar na mesma escola. Os técnicos informaron aos pais e nais dos alumnos e alumnas do centro sobre as actividades, horarios e funcionamento da escola infantil e trataron todos aqueles temas nos que podían ter dúbidas.

Escola Infantil Municipal Serra de Outes [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comezou-o-curso-na-escola-infantil-de-serra-de-outes

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/ws/escola_serra_outes/index.jsp