Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comezan as visitas guiadas ao Auditorio Fuxan os Ventos

Comezan as visitas guiadas ao Auditorio Fuxan os Ventos

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro estiveron presentes na primeira xornada aberta ao público, da que se cubriron as 20 prazas ofertadas.

O auditorio poderá visitarse tamén os días 8 de febreiro e o 14, 15, 28 e 29 de marzo, datas que contan xa con 180 persoas anotadas.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Venres, 07 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan as visitas guiadas ao Auditorio Fuxan os Ventos

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañaron ao primeiro grupo de 20 veciñas e veciños de Lugo que estiveron presentes na primeira visita guiada ao auditorio Fuxan os Ventos. Rubén Arroxo destacou esta iniciativa que permite á veciñanza "coñecer as instalacións deste edificio, visitando as partes que habitualmente non se poden ver como os camerinos ou o escenario".

A Tenencia de Alcaldía organiza outras 5 visitas guiadas a esta instalación, que terán lugar o 8 de febreiro (12.30), 14 de marzo (20:00), 15 de marzo (12.30), 28 de marzo (20:00) e 29 de marzo (12.30). Cada unha das visitas terá a cabida limitada a 20 persoas. Para reservar praza, será preciso enviar un correo a 010@lugo.gal [1] ou chamar ao 982 297 350 en horario de 8:30 a 15:00 de luns a venres.

Arroxo destacou que esta iniciativa está a ter "un gran éxito de convocatoria", cun total de 180 persoas inscritas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comezan-visitas-guiadas-ao-auditorio-fuxan-os-ventos

Ligazóns:
[1] mailto:010@lugo.gal