Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comezan os traballos de soterramento das liñas eléctricas do polígono do Ceao

Comezan os traballos de soterramento das liñas eléctricas do polígono do Ceao

Alexandre Penas: “desde a concellería de Infraestruturas colaboramos cunha actuación que mellorará a estética e seguridade da zona”

Os servizos electromecánicos municipais encárganse da supervisión da instalación

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Venres, 14 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan os traballos de soterramento das liñas eléctricas do polígono do Ceao

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou o inicio dos traballos de soterramento das liñas eléctricas de media tensión na rúa da Industria do polígono do Ceao, realizadas por Begasa.

“O soterramento das liñas permitirá mellorar a estética da contorna, ao eliminar os soportes metálicos da mediana, e aumentar a seguridade ao retirarse o cableado”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “o soterramento do cableado permitirá tamén maior seguridade aos vehículos de gran tamaño que circulan pola contorna”.

Alexandre Penas informou que “desde a concellería de Infraestruturas non realizamos directamente esta intervención, senón que nos encargamos de autorizar e supervisala desde os servizos electromecánicos”.

“Desde os servizos electromecánicos da concellería de Infraestruturas realizamos o seguimento da actuación para que non afecte á instalación de alumeado público nin ao resto de redes instaladas na zona, como as telecomunicacións”, explicou Alexandre Penas.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a instalación eléctrica no Ceao | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comezan-os-traballos-de-soterramento-das-linas-electricas-do-poligono-do-ceao

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200814_alexandre_penas_instalacion_electrica_o_ceao.mp3