Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comezan os cursos gratuítos de micoloxía organizados polo Concello de Lugo

Comezan os cursos gratuítos de micoloxía organizados polo Concello de Lugo

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os cursos de micoloxía que cada ano organiza a Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, e que realizan decenas de lucenses, comezan o vindeiro luns día 5 de novembro.

Así, o luns, día 5 de novembro, comezará o de primeiro nivel, que se prolongará ata o 9 deste mes e que rematará coa tradicional saída ao campo para recoller cogumelos, os días10 e 11 .

Para os que teñen un nivel máis avanzado, o curso terá lugar do 12 ó 16 de outubro con saída o 17 e 18 de novembro.

As clases teóricas impartiranse no centro social Uxío Novoneyra de oito da tarde a nove e media e estarán a cargo do doutor en veterinaria Julián Alonso Díaz.

Como en anos precendentes, a inscrición é gratuíta. Pode realizarse na Oficina Municipal de Información ao Consumidor ou no teléfono de atención cidadá 010 (982 297 350 se chama dende fóra do termo municipal).


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comezan-os-cursos-gratuitos-de-micoloxia-organizados-polo-concello-de-lugo