Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comezan as obras de asfaltado da estrada de Orbazai, entre a Igrexa de San Lázaro e a ponte do Mera

Comezan as obras de asfaltado da estrada de Orbazai, entre a Igrexa de San Lázaro e a ponte do Mera

  • Tema
    • Infraestruturas
Xoves, 18 de xullo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Infraestruturas, Zona Rural e Medio Ambiente, que dirixe Manuel Chaín, informa que dende hoxe comezan as obras de asfaltado da estrada de Orbazai, no treito comprendido entre a Igrexa de San Lázaro e a ponte do río Mera. 

Os traballos empezarán con labores de preparación do vial (limpeza de cunetas, sumidoiros, etc).
Posteriormente, cando comecen os traballos de aglomerado será preciso cortar a estrada á circulación de vehículos, algo que, segundo informa a Policía Local, farase por treitos. 
A empresa adxudicataria informará ós residentes do devandito corte con dous días de antelación.
Os traballos terán unha duración aproximada dun mes e serán executados pola empresa Asogal Construcciones. 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comezan-obras-de-asfaltado-da-estrada-de-orbazai-entre-igrexa-de-san-lazaro-e-ponte-do-mera