Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comezan as clases da escola de iniciación ao teatro circense organizado polo Concello de Lugo

Comezan as clases da escola de iniciación ao teatro circense organizado polo Concello de Lugo

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 29 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Esta tarde comezan as clases da escola de iniciación ao teatro circense organizada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias.

Ata esta mesma tarde estará aberto o prazo de inscrición nos dous grupos:

- Grupo de 13 a 17 anos ( os venres de 19.15 a 21.15 horas)
- Grupo de 18 a 30 anos (os sábados de 9.30 a 11.30 horas)

As clases serán impartidas no Local Social Díaz de Castro de maneira gratuíta.

Os interesados en participar pódense informar a través do teléfono de atención á cidadanía 010.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comezan-clases-da-escola-de-iniciacion-ao-teatro-circense-organizado-polo-concello-de-lugo