Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comezan as catas arqueolóxicas na praza Maior, previas á colocación do busto de Xoán Montes

Comezan as catas arqueolóxicas na praza Maior, previas á colocación do busto de Xoán Montes

O busto pasou por un proceso de restauración por parte dun equipo especializado

 
  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Mércores, 11 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan as catas arqueolóxicas na praza Maior, previas á colocación do busto de Xoán Montes

Durante o día de hoxe comezaron na praza Maior as catas arqueolóxicas previas á colocación da figura de Xoán Montes. Esta ubicación elixiuse dado que o propio Xoán Montes desenvolveu boa parte da súa actividade musical no quiosco da música da praza maior, o Círculo das Artes e a Catedral.

Nas pasadas semanas, o busto pasou por un proceso de restauración e limpeza por parte dun equipo especializado, no que se eliminou a suciedade das pezas de mármore e granito que compoñen a obra, mantendo as marcas de envellecemento propias da peza. O expediente para esta actuación iniciouse no pasado mandato, e foi impulsado no suplemento de crédito aprobado polo actual goberno no mes de setembro, cunha inversión de 18.000 euros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comezan-catas-arqueoloxicas-na-praza-maior-previas-colocacion-do-busto-de-xoan-montes