Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comeza a reposición do pavimento no Pavillón Municipal de Frigsa

Comeza a reposición do pavimento no Pavillón Municipal de Frigsa

Os traballos, orzamentados en 63.000€, teñen un prazo de execución dun mes

  • Tema
    • Deportes,
    • Instalacións deportivas
Xoves, 24 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a reposición do pavimento no Pavillón Municipal de Frigsa

Esta semana deron comezo os traballos de reposición de pavimento no Pavillón Municipal de Frigsa por un importe de 52.114’38 euros (63.058’40€ IVE incluído).

“En total son 1.050 metros cadrados de superficie que se substituirán con prefabricado de caucho flotante, adecuado ás esixencias deportivas actuais e adaptado á normativa vixente, aportando seguridade e confortabilidade ás persoas que empregan estas instalacións”, indicou Miguel Fernández.

O edil de Deportes recorda que o firme destas dependencias, ubicadas ao carón das piscinas cubertas, presentaban un elevado grao de deterioro, proporcional ao uso que se fai das mesmas, e que se pretende atallar agora coa súa renovación para dotalas de maior seguridade.

“Non debemos esquecer que se trata dun equipamento que acolle as escolas de baloncesto, o entrenamento dos clubes así como as competicións a todos os niveis, ademais de actividades de ximnasia rítimica e deporte para maiores o que, en total, suma máis de mil usuarios”, aclarou o concelleiro.

Miguel Fernández referiu tamén que a obra, que se agarda remate en torno ao 20 de novembro, está financiada con fondos procedentes da Deputación a través dun convenio interadministrativo de cooperación asinado entre o organismo provincial e o Concello de Lugo.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a reposición de pavimento no Pavillón Municipal de Frigsa | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comeza-reposicion-do-pavimento-no-pavillon-municipal-de-frigsa

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/241019_miguel_fernandez_-_substitucion_firme_pavillon_frigsa.mp3