Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comeza o cambio de imaxe da praza-xardín do CEI Nodus como un novo espazo para a dinamización do emprendemento

Comeza o cambio de imaxe da praza-xardín do CEI Nodus como un novo espazo para a dinamización do emprendemento

As obras finalizarán en mes e medio e permitirán aos novos e novas empresarias amosar os seus proxectos, propostas, creacións, produtos e servizos

O Concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, sostén que o espazo estará deseñado para acoller actividades periódicas no exterior

  • Tema
    • Emprendemento,
    • Novas tecnoloxías
Martes, 11 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza o cambio de imaxe da praza-xardín do CEI Nodus como un novo espazo para a dinamización do emprendemento

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, supervisaba hoxe as instalacións do CEI Nodus con motivo do recente inicio, nos últimos días, dos traballos de recuperación da praza-xardín do que dispoñen estas dependencias municipais.

Unhas obras coas que o goberno de Lara Méndez quere sacar o emprendemento á rúa e darlle unha maior visibilidade ao labor que desenvolven as empresas alí instaladas así como incentivar á creación dun ecosistema emprendedor que facilite e axude ás e aos lucenses, especialmente á xente nova, a que inicien os seus retos empresariais, segundo sostén a rexedora.

Mauricio Repetto referiu que contrato desta actuación foi adxudicado á empresa Calfensa Proyectos, S.L por un importe de 76.895’50 euros (IVE incluido), con cargo á partida do vixente presuposto municipal que executará a intervención nun prazo de 40 días.

A oferta presentada supuxo, ademais, un incremento do prazo de garantía de 5 anos a maiores do mínimo de un ano establecido como obrigatorio.

O edil explicou tamén que “a zona, ata o de agora en desuso, pasará a ser un espazo con vida, onde se planificarán actividades periódicas para dar a coñecer o labor que os servizos do CEI poñen á disposición das persoas que estean pensando en emprender, pero tamén servirá como espazo ‘pop up’ onde os emprendedores poderán amosar o seus proxectos, propostas, creacións, produtos e servizos. A clave é que esta área exterior sexa un novo punto de encontro dos actores implicados na dinamización económica de Lugo”, concluíu.

Audio

  • O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, sobre o cambio de imaxe da praza-xardín do CEI Nodus | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comeza-o-cambio-de-imaxe-da-praza-xardin-do-cei-nodus-como-un-novo-espazo-para-dinamizacion-do

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/110220_mauricio_repetto_-_reforma_praza_cei_nodus.mp3